25/11/11

25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero


Ademais, a Adrián Borrajo (4ºESO) publicáronlle unha carta ao director no xornal La Region no que se manifesta en contra da violencia de xénero. Clica aquí e poderás lelo e comentalo. Parabéns, Adrián.

E o cartaz que recolle todas as nosas actividades. Aínda falta o spot publicitario contra a violencia de xénero que fixeron en 3º ESO, que se subirá aquí en breve.

10/11/11

Xenial lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.



Até nos deixan a versión en MP3 e incluso a versión para karaoke. Pensan en todo!!

Os nosos parabéns por este estupendo e divertido vídeo!

Samaín / Halloween

O pasado día 28/10/2011 celebramos no cole o día de Samaín / Halloween. Preparamos actividades, xogos e concursos que nos fixeron pasar unha tarde de venres divertida e diferente.

Coas fotos que compilamos creamos esta montaxe:



O próximo ano máis!